Asociación Centro Cune, unha asociación centrada en axudar, apoiar e cubrir todos e cada un dos recursos necesarios para que a túa familia teña as súas necesidades básicas cubertas.
Unha Asociación de nova creación que desexa “arrolar” e acompañar ás familias desde o nacemento ata a vellez.
Detrás da Asociación Centro Cune hai un equipo de profesionais, comprometidos coas familias e as súas diferentes necesidades en cada momento e en cada etapa da vida.
Poñemos cada día a nosa paixón e ilusión con esta acción, facendo que esta comunidade creza para poder así afrontar cada un dos momentos aos que cada familia, de maneira individual enfróntase.
O noso obxectivo é axudar ás nais, pais e coidadores non profesionais, para así poder beneficiarnos todos e todas; nenos e nenas, se tes algunha persoa enferma ao teu cargo, dependentes, familias en exclusión, persoas que viven soas e necesitan doutros, etc.
Toda persoa que o desexe pode contribuír como voluntario de maneira intermitente ou continuada. Ademais precisamos a axuda de empresas que desexan contribuír o devandito fin.
Colaboradores e voluntariado
Buscando neste momento a persoas que queiran colaborar ou ser voluntarios coa Asociación Cune, falando ou achegando de maneira activa todo aquilo que nos preocupa e interésanos.